Resolución provisional Proxectos Innova-Lab para o curso 2025/26

  • Convocatorias

28 de outubro de 2025

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución provisional de centros admitidos para participar no Programa para o Impulso de Centros Referentes na modalidade de Proxectos Innova-Lab, dirixido a centros dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no curso 2025/26.

Aqueles centros que aparecen na listaxe de admitidos e que non cargaron o profesorado dispoñen, de xeito extraordinario, dun prazo adicional para facelo. No caso de que ao remate do período de reclamacións e renuncias o profesorado non estea dado de alta no aplicativo, as solicitudes non serán admitidas na listaxe definitiva.

📅 Prazo de reclamacións e renuncias:
5 días hábiles dende o día seguinte á publicación da resolución.

📋 Prazo extraordinario para cargar profesorado:
5 días hábiles adicionais.

COMPARTIR