AMPLIACIÓN DE PRAZO Convocatoria do Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2025
- Convocatorias
21 de outubro de 2025
Amplíase o prazo ata o 30 de outubro de 2025, inclusive.
A Consellería de Educación Ciencia, Universidades e Formación Profesional , vén de convocar a segunda edición do Premio tolerancia cero fronte ao acoso 2025. O galardón vai dirixido aos centros docentes públicos dependentes desta consellería e está dotado dunha contía total de 30.000 euros.
Este galardón nace co obxecto de recoñecer aquelas actuacións e proxectos de carácter individual e/ou colectivo que implicaran un alto grao de compromiso coa loita contra situacións contrarias á convivencia escolar. Este premio enmárcase do Plan integral contra o acoso e o ciberacoso escolar estando financiado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes a través do Programa de Bienestar Emocional en el ámbito educativo.
Os centros docentes poderán participar en dúas categorías:
- Categoría A: destinada a educación infantil e educación primaria.
- Categoría B: destinada a educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional, formación de persoas adultas e ensinanzas de réxime especial.
Concederase para cada categoría, catro premios:
|
Categorías |
Premio |
Importe |
|
A |
1º premio |
8.000€ |
|
2º premio |
4.000€ |
|
|
3º premio |
2.000€ |
|
|
Mención de honra |
1.000 € |
|
|
B |
1º premio |
8.000€ |
|
2º premio |
4.000€ |
|
|
3º premio |
2.000€ |
|
|
Mención de honra |
1.000 € |
Os centros premiados nesta convocatoria recibirán o distintivo de “Tolerancia 0 fronte ao acoso escolar 2025 ”
O prazo de presentación de solicitudes amplíase ata o 30 de outubro de 2025 inclusive.
Resolución do 24 de setembro de 2025: Convocatoria
Anexo III: Modelo de solicitude
Anexo IV: Autorización para o uso de imaxe de menores
Anexo V: Certificado das persoas docentes que desenvolveron o proxecto