Aforo completo para o curso de Canva do día 25 de outubro

  • Formación
  • Formación CSIF específica

20 de outubro de 2025

Desde CSIF Ensino Galicia queremos agradecer a enorme acollida que tivo o noso curso de formación en Canva para docentes, que se celebrará este sábado 25 de outubro.

As prazas dispoñibles cubríronse por completo en moi pouco tempo, o que amosa o gran interese do profesorado galego por mellorar as súas competencias dixitais e seguir innovando na creación de materiais visuais para o aula.

Queremos agradecer sinceramente a todas as persoas inscritas pola súa rápida resposta e entusiasmo, así como a todas aquelas que amosaron interese na actividade.

👉 Desde CSIF Ensino Galicia seguiremos promovendo novas propostas formativas dirixidas ao profesorado, apostando pola innovación, a creatividade e a mellora continua no ensino.

COMPARTIR