Petición individualizada de formación presencial para o programa ATENEA.
- CSIF Informa
23 de outubro de 2026
Dende CSIF tivemos coñecemento de que, salvo nos pobos piloto, non vai haber formación presencial para o programa Atenea polo que vos facilitamos un modelo individualizado para presionar entre todos. Tedes que presentalo pola sede electrónica da Xunta dirixido á Dirección Xeral de Xustiza.
Por parte deste sindicato xa se presentou escrito o día 13/10/2026 solicitando o seguinte:
1. Que se imparta FORMACIÓN suficiente e adecuada sobre o manexo de Atenea a todos os funcionarios implicados (corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio Xudicial e demais persoal afectado), dentro da súa xornada laboral e sen diminución das súas funcións ordinarias.
2. Que se informe por escrito do calendario, contido, duración e modalidade da formación prevista, así como do persoal convocado, e que se garanta que ninguén quede sen formar (incluíndo persoal de reforzo, substitutos e quen estea en quendas distintas).
3. Que se facilite ao persoal material de apoio e asistencia técnica presencial (privado de soporte ou "superusuarios") durante os primeiros días de implantación.
4. Que se prevexa un plan de continxencia para a carga de traballo durante o período de adaptación (prazos procesuais, acumulación de tarefas, incidencias técnicas).