Acción Social 2026: Listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas.

  • CSIF Informa

23 de outubro de 2026

Saíu publicada no DOG a Resolución do 9 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproban as listaxes definitivas das solicitudes admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2026 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por causa do carácter persoal dos datos vinculados a estas, o acceso da persoa interesada á información relativa á admisión ou exclusión definitiva da súa solicitude realizarase a través da OPAX co seu certificado dixital recoñecido ou co usuario e contrasinal.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260914/AnuncioG0759-070926-0002_gl.html

COMPARTIR