CONVOCATORIA COMISIÓNS DE SERVIZO

8 de xullo de 2026

Poderá participar o persoal funcionario de carreira con destino definitivo en calquera ámbito territorial e que estea en servizo activo no mesmo corpo do posto que se pretende prover, sempre que transcorrese un ano desde a toma de posesión do último posto de traballo obtido, ben por concurso de traslados, ben por ser persoal de novo ingreso.

O persoal funcionario que á data da publicación desta convocatoria estea desempeñando un posto en comisión de servizos ou substitución, poderá participar na convocatoria sempre que leve máis dun ano na comisión de servizos ou substitución respectiva.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria na intranet de xustiza (http://intranet.xustiza.gal) e mais na web da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes (https://cpxt.xunta.gal/xustiza/persoal/comisions-servizo).

Todas as persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza (OPAX), no sitio web http://opax.xunta.es de conformidade co artigo 6 da Resolución do 19 de decembro de 2025.

Para cumprir co previsto no artigo 73 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de Xustiza, as solicitudes irán acompañadas co informe, preceptivo e non vinculante, da persoa responsable do órgano, servizo ou unidade no que se atope destinado o persoal funcionario solicitante. No caso de que o órgano correspondente non emita informe, deberá acreditar que o solicitou. Ademais, para o caso de que o destino da persoa solicitante radique fóra da Comunidade Autónoma de Galicia, esta deberá presentar, xunto coa solicitude, o informe favorable do Ministerio de Xustiza ou órgano competente da comunidade autónoma respectiva. De non ser posible, deberá presentar acreditación de que efectivamente o solicitou.

Ficheiros adxuntos

COMPARTIR