DICIREG: capacitación tecnolóxica para oficinas xerais e colaboradoras (abril 2026)
- Formación
7 de abril de 2026
Publicado na Intranet o seguinte:
"Ábrese o prazo de inscrición das sesións de capacitación tecnolóxica do sistema DICIREG durante o mes de abril, dirixidas ás oficinas xerais e colaboradoras dos rexistros civís.
Cada curso consta de dúas sesións telepresenciais:
- Sesión 1: Capacitación tecnolóxica (común para oficinas xerais e colaboradoras).
- Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas (sesión diferenciada para oficinas xerais e colaboradoras).
É necesaria a asistencia de todas as persoas incorporadas recentemente aos rexistros civís. Así mesmo, recoméndase a participación do resto do persoal que precise reforzar coñecementos no sistema DICIREG.Mes de abril: Curso 1
| Sesión | Oficinas | Datas | Horario |
|---|---|---|---|
| Sesión 1: Capacitación tecnolóxica | Oficinas Xerais e Colaboradoras | 09/04/2026 | De 10:00 a 13:30 h |
| Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas | Oficinas Xerais | 10/04/2026 | De 10:00 a 12:30 h |
| Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas | Oficinas Colaboradoras | 10/04/2026 | De 10:00 a 12:30 h |
Mes de abril: Curso 2
| Sesión | Oficinas | Datas | Horario |
|---|---|---|---|
| Sesión 1: Capacitación tecnolóxica | Oficinas Xerais e Colaboradoras | 23/04/2026 | De 10:00 a 13:30 h |
| Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas | Oficinas Xerais | 24/04/2026 | De 10:00 a 12:30 h |
| Sesión 2: Capacitación tecnolóxica e repaso de dúbidas | Oficinas Colaboradoras | 24/04/2026 | De 10:00 a 12:30 h |
Pasos para realizar a inscrición nas sesións
- 1.Accede á actividade na plataforma de formación. Se non iniciaches sesión, deberás introducir o teu usuario da Xunta ou correo corporativo e o contrasinal.
- 2.Matricúlate na actividade premendo o botón "Matricularme".
- 3.Xa podes acceder aos contidos didácticos de autoformación!
- 4.Unha vez que accedas, reserva a túa praza na sesión de formación que desexes premendo "Reservar agora".
- 5.Recibirás un aviso por correo. Cando teñas confirmada a túa praza, deberás conectarte á sesión o día e a hora correspondentes."