Campaña de vixiancia da saúde para o ano 2026.

  • CSIF Informa

3 de febreiro de 2026

Hoxe publicase no DOG a RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2026, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se dá publicidade á campaña da vixilancia periódica da saúde para o ano 2026 no ámbito da Administración xeral da Xunta de Galicia.

A inscrición previa realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento, que está dispoñible no Portax (Portal do empregado público da Xunta de Galicia) ou da Opax (Oficina virtual do persoal da Administración de xustiza).

O prazo de inscrición rematará transcorridos catro meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no DOG, agás o persoal de novo ingreso, o persoal que se incorpore ao traballo tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde e o persoal que durante o prazo de solicitude estea gozando de vacacións. Nestes supostos , deberá presentarse xustificación ante o Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260203/AnuncioG0759-190126-0006_es.html

 

COMPARTIR