DOG: Normativa substitucións.

  • Normativa

22 de decembro de 2025

Publicada no DOG a RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se regulan as substitucións entre persoal funcionario no ámbito da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Esta resolución ten por obxecto regular a provisión de forma temporal, mediante substitucións, dos postos de traballo reservados ao persoal funcionario integrante dos corpos ou escalas xerais ao servizo de Administración de xustiza –corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial– que preste os seus servizos na Administración de xustiza en Galicia cando estes postos se atopen vacantes ou cando o seu titular estea ausente en períodos de longa duración.

Para estes efectos, enténdese por longa duración un período de sesenta e un días naturais ou máis.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251222/AnuncioG0759-121225-0004_gl.html

 

COMPARTIR