DOG e BOE: Convocatoria concursos específicos corpos de xestión, tramitación e auxilio.

  • CSIF Informa

18 de setembro de 2025

Prazo de presentación de instancias: 5 días hábiles dende a publicación no DOG e BOE 

As solicitudes deberán presentarse empregando obrigatoriamente o modelo do Anexo III. Modelo de solicitude  través da sede electrónica da Xunta mediante o modelo de solicitude xenérica PR004A. A esta solicitude hai que achegar a documentación cos requisitos esixidos e máis cos méritos alegados, que se deberán relacionar no modelo de solicitude Anexo IV desta convocatoria Anexo IV. Méritos alegados

Os méritos específicos, correspondentes á segunda fase do concurso, deberán ser xustificados documentalmente, así como mediante certificados ou calquera outro medio de proba admisible en dereito e serán valorados a data de finalización de instancias.

Poderá participar o persoal funcionario dos corpos de xestión procesual e administrativa, de tramitación procesual e administrativa e mais de auxilio xudicial destinado no municipio onde se deban desempeñar os postos de traballo ofertados. O persoal funcionario deberase atopar en situación de servizo activo ou en excedencia con reserva de posto de traballo.

Accede ás resolucións para ver o seu contido.

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20250918/AnuncioG0759-090925-0001_es.html

https://boe.es/boe/dias/2025/09/18/pdfs/BOE-A-2025-18467.pdf

 

COMPARTIR