CSIF solicita á DXX que, na publicación das RPTs da fase III, se manteña o mesmo número de persoal nos SCNE.
- CSIF Informa
24 de xullo de 2025

En relación coa implantación da Lei 1/2025 de eficiencia do servizo público de xustiza,e en concreto na súa fase III nos Servizos comuns de Notificacións e Embargos, temos que instar e esixir desa Dirección Xeral o mantemento do número de traballadores de cada un deses servizos nas oficinas de Ourense, Coruña, Santiago e Ferrol.
No que atinxe á Coruña, o cadro de persoal estaba conformado por 8 Xestores, 3 Tramitadores e 12 Auxilios, detraéndose dous Xestores e dous Auxilios xa que na nova proposta da Fase III aparece unha dotación de 6 Xestores, 3 Tramitadores e 10 Auxilios.
Na cidade de Ferrol, tamén se ve reducido o número de prazas, amosándose unha reducción de 2 Xestores e 1 Auxilio. No actual SCNE hay 4 Xestores 2 Tramitadores e 6 Auxilios pasando a conformarse o Servizo de Rexistro e Reparto con 2 Xestores 2 Tramitadores e 5 Auxilios.
En Santiago tamén diminúen o número de efectivos detraendo dous Xestores desta Area de Rexistro e Reparto.
Polo que atinxe a Ourense, o cadro de persoal esta conformado por dous Xestores, catro Tramitadores e seis Auxilios propoñéndose un numero inferior en duas persoas, concretamente un Xestor tres Tramitadores e seis Auxilios.
Observase polo tanto unha diminución de efectivos en todalas cidades, polo que consideramos que se deben manter o numero de persoas traballadoras en todos eles.
Isto ven refrendado polo feito de que non se diminúen o número de órganos xudiciais, nin tampouco se vai ver reducida a carga de traballo xa que esta Lei o que leva a cabo e unha reordenación que non soamente manten o numero de órganos, senon que se incrementan.
Lembremos que haberá duas prazas a maiores de Maxistrados/as exclusivos de Viogen. Polo tanto tamén haberá que aumentar o numero de traballadores na súa proporción. O contrario é conculcar o acordo asinado entre seis organizacións e maila DX que tantas veces nos están a lembrar. Se aumentan os órganos xudiciais e se manteñen os recursos humanos é obvio e palmario que se reducen no resto de órganos. Pero e que a maior abundamento, as notificacións da Audiencia Provincial coa nova estrutura tamén van ser competencia deste Servizo polo que non soamente van manter a carga de tgraballo senón que se vai ver incrementada. En consecuencia hai que manter como mínimo o número de efectivos existentes na actualidade.