Resumo do Comité de Seguridade e Saúde do 14/05/25.

  • Prevención de Riesgos Laborales

15 de maio de 2025

 

No día de onte celebrouse o Comité de Seguridade e Saúde Laboral, no que se trataron diversos temas:

  • Programación das actividades de prevención do 2025.
  • Avaliacións de riscos realizadas dende o último CSSL en Muros, Padrón, Ortigueira, Corcubión, Negreira, Muxía, A Coruña, Chantada, Lugo, Allariz, Barbadás, Pereiro de Aguiar, Ourense e A Estrada.
  • Datos dos accidentes de traballo e enfermedades profesionais dende o último CSSL.

Por parte de CSIF pediuse que este Comité se realice cada 3 meses, tal como o marca a lexislación, facendo incapé en que dende o último CSSL celebrado pasaron máis de 8 meses.

Expuxemos de maneira verbal e tamén a través de alegacións escritas (que se achegan como documento) dos diversos problemas que están acontecendo nas sedes xudiciais de toda a Comunidade, facendo especial mención a:

  • Santiago, onde se dan problemas de luz, risco de caída de altura, humidade e Co2: a DXX indicounos que se están a empezar a cambiar as luces e continuarán co resto de problemas.
  • Ortigueira, co problema de cableado solto: a DXX indicou que o miraron e que para eles non supón un perigo, ao que CSIF se mostrou totalmente en contra.
  • Corcubión con máis dun 70% de humidade: a DXX indica que se puxeron deshumidificadores.
  • Vilagarcía de Arousa e Padrón onde existen informes de planificación de actividade preventiva dende o pasado ano: informan que está en trámite.
  • Lugo onde por mor das choivas hai problemas de humidades e filtracións: indican que se están a realizar obras, pero seguense desprendendo cachos do teito e seguen aparecendo novas goteiras. 
  • Viveiro con filtracións: indican que se fixeron arranxos pero son insuficientes, xa que cada poucos meses volven ter a auga caendo dentro da oficina.
  • A.P. Pontevedra: están arranxando o problema das humidades.
  • Tomaron nota dos problemas de humidades, iluminación e climatización no Barco de Valdeorras, Carballiño, Pazo de Xustiza e Bande. Ademais, pedimos que as obras de reforma na Audiencia Provincial se fagan pola tarde debido ó ruído que provocan.

Tamén se preguntou polo resultado da medición do RADÓN, e onde se iban a facer máis medicións, ao que a DXX respondeu que se iban a medir en todas as sedes xudiciais, nas plantas Baixas (só onde traballe unha persoa máis de 50 horas anuais) e sótanos. En canto aos resultados dinnos que non os teñen, e que cando se reciban é probable que veñan cun plan de actuación

CSIF tamén solicitou a instalación de liñas telefónicas en cada posto de traballo.

Preguntamos pola instalación dos programas informáticos nos xulgados afectados pola fase I da implantación dos Tribunais de Instancia, e a DXX informou que Amtega está a traballar niso, pero que non nos pode dar datas concretas. Indicounos tamén que ten previsto facer unha visita a vindeira semana as sedes xudiciais de Cangas e Moaña, por seren pilotos desta fase I, e que próximamente nos informarán da data de comenzó da proba piloto.

Tamén preguntamos pola regulación do teletraballo, ó que nos expuso a DXX que ata que rematen coas rpts dos tribunais de instancia da fase I non se poñerán con este tema.

En canto a colocación dos equipos de traballo que faltan por poñer, indican que en setembro-outubro se rematará, sendo a maioría nas provincias de Coruña e Pontevedra.

  • En Vilagarcía e A Estrada faránse obras nos edificios pola NUMO.
  • Vaise trasladar o Rexistro Civil de Vigo os días 26 e 27 de maio.
  • En Noia trasladouse o arquivo ó museo.
  • Estase estudando un novo edificio xudicial en Padrón ou Muros, e en Padrón estase a buscar un sitio novo para os expedientes.
  • En canto aos desfibriladores, indican que se van a instalar en 14 lugares máis.

O Ministerio está estudando como repartir as normas de traballo para as petición de inscripción das defuncións para evitar que os R.C. se saturen por esta causa.

Ficheiros adxuntos

COMPARTIR