CSIF ensino non se sumará á folga do 25 de setembro
23 de setembro de 2025

CSIF Ensino decidiu non sumarse á folga do 25 de setembro convocada unilateralmente pola CIG e secundada polo STEG, por considerar que este tipo de accións illadas fragmentan o sector e restan forza ás demandas do profesorado. Reivindicamos que a verdadeira unidade só é posible cando as tres forzas sindicais séntanse conxuntamente a planificar, calendarizar e coordinar accións que sexan efectivas, representativas e que realmente presionen á administración.
Recoñecemos plenamente a grave situación que vive a educación pública galega —con falta de persoal, burocracia excesiva, ratios elevadas e escaso recoñecemento social e salarial do profesorado— e coincidimos co fondo das reivindicacións. Porén, mantemos unha liña sindical baseada na independencia, na profesionalidade e afastada de intereses partidistas ou de accións puramente mediáticas.
CSIF Ensino non é un sindicato estático: estamos abertos ao diálogo e comprometidos coa loita por un ensino público, equitativo e de calidade. Plantexaremos mobilizacións propias ante esta situación e convidaremos ás demais forzas sindicais a participar, co obxectivo de construír unha resposta unitaria, planificada e sólida que realmente beneficie ao profesorado e ao alumnado. Só así se poderá garantir a igualdade de oportunidades e afrontar con rigor os retos do sistema educativo.
TI TES A PALABRA
SÍGUENOS NAS REDES
Web:https://www.csif.es/galicia/educacion
https://www.instagram.com/p/DNpzji-i7KF/?igsh=ejhlZ3FsbTF0Zzkw