Continúan sen acordo as negociacións de CSIF e das demais organizacións sindicais co SERGAS, que volverán reunirse o próximo venres
- Prensa y Comunicación
17 de azaroa de 2025
O comité analiza a proposta presentada pola Consellería de Sanidae e insiste en concretar solucións sobre as prazas FEAP, principal punto de discrepancia na mesa de diálogo.
CSIF, xunto ás organizacións sindicais CIG-Saúde, CCOO e UGT, informa de que, tras a segunda reunión mantida co SERGAS, aínda non se acadou un acordo, polo que as negociacións permanecen abertas, así como a convocatoria de mobilizacións . A principal discrepancia continúa sendo a regulación das prazas FEAP, para as que o comité solicita garantías sobre a retirada da categoría e a reconversión das prazas existentes.
Proposta trasladada polo SERGAS
Na reunión de hoxe, o SERGAS expuxo unha proposta que inclúe as seguintes medidas:
-
Consolidación do transporte para a atención domiciliaria.
-
Retribución das prolongacións de xornada do persoal dos PAC en función do modelo de prolongación realizado.
-
Redución do tramo incentivado de xornada complementaria nos PAC, pasando de 160 a 140 horas.
-
Equiparación do valor da xornada complementaria das enfermeiras e enfermeiros dos PAC co persoal de atención ordinaria.
-
Incremento do complemento de manutención nos PAC.
Para o comité, estes movementos son “insuficientes” e non abordan os aspectos esenciais. Acusan ao SERGAS de “adiar deliberadamente solucións urxentes” mediante referencias xenéricas a estudos ou prazos, sen medidas concretas.
A próxima reunión terá lugar o venres 21 e estará centrada na xornada dos PAC. CSIF e o resto das organizacións insistirán en avanzar nun marco claro e xusto de cálculo da xornada, evitando calquera fórmula que supoña a perda de horas ou de tempos de descanso para o persoal.