CSIF, UGT e CCOO presentarán mañá en rolda de prensa as mobilizacións do día 30 en Galicia para reclamar melloras salariais e laborais no emprego público

  • Prensa y Comunicación

27 de urria de 2025

O presidente de CSIF Galicia, José Francisco Méndez, presentará mañá, día 28, en rolda de prensa, xunto á secretaria xeral de UGT Servizos Públicos Galicia, Irene Martínez, e ao coordinador da Área Pública do S.N. de CCOO de Galicia, José Manuel Ramos, as mobilizacións previstas para o día 30 de outubro en toda Galicia (ante a delegación do Goberno da Coruña e as subdelegacións en Lugo, Ourense e Pontevedra)

O obxectivo destas protestas é reclamar a recuperación do poder adquisitivo dos empregados e empregadas públicas, mellorar as súas condicións laborais e esixir un plan de emprego que fortaleza os servizos públicos.

Para os sindicatos, é urxente de reverter a perda salarial acumulada nos últimos anos e de dignificar o traballo do persoal ao servizo das administracións públicas, garantindo recursos suficientes para ofrecer servizos de calidade á cidadanía.

Erantsitako fitxategiak

PARTEKATU