Rexistro de incidencias CSIF ENSINO curso 2025/26

3 de iraila de 2025

Dende CSIF Ensino Galicia queremos coñecer de primeira man as incidencias que se están a atopar nos centros a comezos deste curso 2025-26: problemas de horarios, de horario lectivo, falta de profesorado, ratios elevados, exceso de papeleo. Por iso che pedimos que cubras este breve formulario que atoparás no seguinte enlace REXISTRO DE INCIDENCIAS CURSO 2025-2026 .

Deste xeito, esperamos poder axudarche e contactar contigo se é necesario.


 

Se é urxente, neste enlace deixámosche o directorio do CSIF cos teléfonos e enderezos das SEDES e tamén os enlaces ás nosas REDES SOCIAIS, onde SEMPRE respondemos coa maior celeridade posible.


 

Tratamento de datos

De acordo coa normativa de protección de datos, facilitámosche a seguinte información de tratamento:

Responsable: SINDICATO INDEPENDENTE E CENTRAL DE FUNCIONARIOS (CSIF)

Finalidades do tratamento: só utilizaremos os teus datos persoais para poñernos en contacto contigo se o solicitas no formulario co fin de axudarche a solucionar as incidencias suscitadas.

Dereitos que lle asisten: acceso, rectificación, portabilidade, supresión, limitación e oposición.

Máis información sobre o tratamento na Política de Privacidade.

PARTEKATU