Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas nas oposicións docentes 2026
- Empleo
- Oposiciones
17 de apirila de 2026
A Consellería publicou a Resolución do 16 de abril de 2026 pola que se fan públicas as listaxes provisionais de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios en Galicia, así como do procedemento de adquisición de novas especialidades.
A publicación afecta ao corpo de profesorado de ensino secundario, ao corpo de profesorado especialista en sectores singulares da Formación Profesional e ao corpo de mestres, de acordo coa convocatoria da Orde do 18 de febreiro de 2026.
📅 Prazo de reclamacións
Do 20 de abril de 2026 ao 4 de maio de 2026, ambos os días incluídos.
💻 Como presentar a reclamación
As reclamacións deben presentarse por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta.
🌐 Procedemento
O código do procedemento é ED001A. Hai que localizar o expediente correspondente e escoller o trámite de “Alegación”.
Documentación oficial
Admitidos e excluídos Primaria
Admitidos e excluídos Secundaria e outros corpos
Como presentar a alegación
- Accede á Sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Autentícate mediante Chave365, certificado electrónico ou outro sistema admitido.
- Localiza o expediente da túa solicitude do procedemento selectivo ED001A.
- Na opción “Acción”, selecciona o trámite “Alegación”.
- Enche o formulario, achega a documentación se é preciso e preme en “Asinar e presentar”.
A reclamación só se considerará correctamente presentada cando poidas descargar tanto o trámite asinado como o recibo de presentación.
Que pasa se non apareces nas listaxes?
No caso das persoas que non figuren nin nas listaxes de admitidos nin nas de excluídos, as alegacións deberán presentarse mediante o modelo xenérico PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta no menú de trámites.
Información de interese para o persoal aspirante
- Figurar na listaxe provisional de admitidos/as non supón a validación definitiva do cumprimento de todos os requisitos da convocatoria.
- As persoas que non emenden no prazo os defectos que motivaron a súa exclusión poderán resultar definitivamente excluídas.
- A estimación ou desestimación das reclamacións entenderase incluída na futura publicación das listaxes definitivas.
Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da publicación oficial da Consellería. Recoméndase revisar a resolución e os anexos completos antes de presentar calquera alegación.