Convocatoria do programa piloto de mediación escolar “Acordamos ConVivir” (curso 2025/26)
- Convocatorias
13 de otsaila de 2026
A Consellería publicou a Resolución do 9 de febreiro de 2026 pola que se convoca o programa piloto de mediación escolar “Acordamos ConVivir”, dirixido a centros educativos públicos no curso 2025/2026.
🎯 Obxectivo do programa
Fomentar habilidades e competencias colaborativas e a resolución pacífica e construtiva de conflitos, reforzando unha convivencia positiva nos centros.
👥 Destinatarios
Vai dirixido á comunidade educativa (profesorado, familias e alumnado) de 5º e 6º de Primaria e ESO dos centros públicos participantes.
🧩 Como se desenvolve
- Reunión inicial (virtual) co centro.
- Obradoiros co alumnado (ata 5 grupos por centro; 25 alumnos/as por grupo; 50 min por obradoiro).
- Charlas para profesorado e familias (2,5 h; actividade opcional).
A reunión inicial e os obradoiros son vinculantes; a charla é opcional.
⏳ Prazo e presentación de solicitudes
O prazo de solicitude é de 15 días naturais desde a publicación da convocatoria no Portal educativo (10/02/2026).
A solicitude envíase por correo electrónico a: edutic@edu.xunta.gal
Asunto: “Solicitude Programa piloto Acordamos ConVivir”
Achegando o anexo de solicitude.
🏫 Selección de centros
Seleccionaranse ata un máximo de 20 centros, por orde de entrada da solicitude no correo indicado.
📎 Documentación
ℹ️ Nota CSIF
Se o teu centro está interesado, recomendámosche preparar a documentación con antelación e realizar o envío canto antes, ao ser unha selección por orde de entrada.
Información elaborada por CSIF Ensino Galicia a partir da convocatoria oficial.