CSIF logra que o Ministerio de Función Pública retome a negociación colectiva para o persoal público

  • Prensa y Comunicación
  • Notas de prensa y comunicaciones

30 de urria de 2025

Hoxe celebrouse en toda España unha gran mobilización convocada por CSIF, UGT e CCOO para reclamar ao Goberno central a apertura urxente da negociación colectiva e a sinatura dun novo acordo salarial que recupere o poder adquisitivo perdido polos empregados e empregadas públicas durante os últimos anos.

Baixo o lema “Mellor salario + emprego = Servicios Públicos de calidad”, milleiros de traballadores e traballadoras manifestáronse nas principais cidades do país para demandar condicións laborais dignas, reforzo das plantillas e unha aposta clara pola calidade dos servizos públicos —especialmente na educación, sanidade e administración xeral—.

A secretaria de Estado de Función Pública, Consuelo Sánchez Naranjo, recibiu aos sindicatos manifestantes e convocounos para o vindeiro mércores 5 ás 11:00 horas para reanudar a negociación.
CSIF esixe ao ministerio que leve unha oferta económica concreta á primeira reunión. O presidente nacional de CSIF, Miguel Borra, advertiu que, se non hai acordo, convocarase folga en decembro.

Desde CSIF insistimos en que o diálogo e a negociación son imprescindibles para garantir a estabilidade do emprego público e a mellora das condicións laborais. A perda de poder adquisitivo nos últimos anos, unida á falta de avances en materias como a carreira profesional ou a redución da temporalidade, fai necesario un novo marco de acordo que dea resposta ás necesidades actuais do sector público.

En Galicia, esta reivindicación cobra especial relevancia no ámbito educativo. CSIF Ensino Galicia lembra que o profesorado e o persoal dos centros educativos levan anos asumindo un esforzo continuado sen o recoñecemento económico nin profesional que merecen. A mellora das condicións do persoal público é tamén unha mellora directa da calidade educativa.

A organización sindical reitera o seu compromiso co diálogo, pero tamén coa firmeza: se o Goberno non presenta unha proposta seria, o calendario de mobilizacións continuará ata lograr avances reais para todos os empregados e empregadas públicas.

PARTEKATU