Campaña de vixilancia da saúde 25-26. Persoal docente e non docente

  • Otros artículos

26 de iraila de 2025

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación,Ciencia, Universidades e Formación Profesional, ven de abrir a inscrición na campaña de vixilancia periódica da saúde para o persoal docente e non docente destinado en centros docentes públicos non universitarios dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, para o curso académico 2025/2026.

É aplicable ao persoal docente e non docente (funcionario e laboral) en activo, que presta servizos nos centros docentes públicos non universitarios, dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

A inscrición ten carácter voluntario, polo que se realizará previa solicitude das persoas interesadas conforme ás instrucións deste procedemento enviadas aos distintos centros de traballo. As persoas responsables dos distintos centros de traballo facilitarán a información necesaria para a inscrición das persoas traballadoras que o requiran.

A dita inscrición realizarase de forma telemática no formulario de petición de recoñecemento que está dispoñible na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no seguinte enlace: https://revisionmedicaeducacion.xunta.gal

A solicitude de inscrición debe incluír todos os datos que figuren no formulario. A falta dalgún deles impedirá a súa tramitación.

Toda inscrición xerará un xustificante de consentimento que se deberá presentar o día concertado para realizar a vixilancia da saúde.

Prazos de inscrición :

  • Para o persoal substituto: Do día 1 ao 20 do mes seguinte a aquel no que se cumpran os 65 días traballados de forma ininterrompida, contados dende o 01/09/2025, ou dende o día seguinte ao nomeamento se fora posterior a esa data.
  • Para o persoal nomeado con anterioridade ao 26/09/2025: Do 26/09/2025 ao 31/10/2025.
  • Para o persoal nomeado con data igual ou posterior ao 26/09/2025: Do día 1 ao 20 do mes seguinte a súa toma de posesión.

Deixamos a continuación, como documentos adxuntos,  toda a documentación relacionada co proceso.

Erantsitako fitxategiak

PARTEKATU