Listaxes provisoriasde interinidades e substitucións curso 2025/2026 do corpo de mestres
- Empleo
- Oferta Empleo Público
25 de iraila de 2025

A da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos ven de publicar a Resolución do 24 de setembro de 2025 pola que se aproban as listaxes provisorias para a cobertura de interinidades e substitucións e as relacións provisorias de persoas excluídas para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025/26 correspondentes ás especialidades do corpo de mestres.
As persoas participantes nos procedementos selectivos convocados pola Orde do 14 de febreiro de 2025 con dereito á incorporación na lista poderán formular alegacións á lista provisional ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Alegacións” da solicitude no corpo e especialidade correspondente, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de Internet da Consellería de Educación, Ciencia Universidades e Formación Profesional.
Prazo de presentación de alegacións: do 26 de setembro de 2025 ao 2 de outubro de 2025
Non se admitirán alegacións/reclamacións formuladas mediante correo electrónico.
As listaxes provisorias de persoas admitidas poden consultarse na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/substitutoslistas/
Achégase a esta noticia a Resolución e o Anexo I coa lista de persoas excluídas.