Listas provisionais para interinidades e substitucións curso 2025/2026 Secundaria e FP
- Empleo
- Oferta Empleo Público
25 de iraila de 2025

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, ven de publicar a Resolución pola que se aproban as listas provisionais para a cobertura de interinidades e substitucións no curso académico 2025-2026 correspondente aos corpos de profesores de ensino secundario e de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
As persoas participantes poderán formular alegacións á lista provisional ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o procedemento ED001A, opción “Alegacións” da solicitude no corpo e especialidade correspondente, no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.
Prazo: do 26 de setembro ata o 2 de outubro, ambos incluidos.
Achégase a esta noticia a resolución e o Anexo I coas listas de persoas excluídas.