INFORMACIÓN IMPORTANTE para Funcionarios en Prácticas curso 2025/26

  • Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
  • Funcionario en prácticas

22 de abuztua de 2025

Coa publicación no DOG do voso nomeamento como funcionarios en prácticas ábrese o prazo para que acheguedes a documentación prevista na base 19.1 da Orde do 14 de febreiro de 2025 (ED001A).  Este prazo comeza  o día 25 de agosto de 2025 e finalizará o día 19 de setembro de 2025. A documentación a entregar é a relacionada a continuación:

Solicitudes a través da sede electrónica e mediante a instancia de participación nos procedementos selectivos (ED001A), premendo no botón “acción” e achegando a documentación a través do enlace “Alegacións”.

Fronte a esta resolución caben recurso de reposición no prazo dun mes ou contencioso-administrativo no prazo de dous meses.

Próximamente, nos primeiros días de setembro, deberedes tramitar a vosa  afiliación a MUFACE á vez que realizar a opción sanitaria. Para esto deberedes esperar a recibir un correo electrónico desta entidade onde teredes todas as instrucións a seguir. Ata que ese momento chegue podedes ir consultando toda a información no seguinte enlace

Dende CSIF ENSINO queremos unha vez máis felicitarte por ter superado este proceso e ofrecémonos a axudarche achegándo toda a información que precisas coñecer para este novo curso que comeza. Nos documentos que compartimos contigo achegados a esta noticia, poderás informarte sobre temas importantes como o período de realización da fase de prácticas, a elaboración do informe-memoria, o Concurso Xeral de Traslados, a adquisición de novas especialidades, retribucións, comisións de servizo, a posibiidade de permutas,...entre outros.

Erantsitako fitxategiak

PARTEKATU