PERMUTAS
- Concursos y movilidad
- Permutas
6 de ekaina de 2025
Descubre a páxina de PERMUTAS de CSIF, unha plataforma sinxela e intuitiva para todo o profesorado galego.
Se es docente en Galicia e buscas unha permuta tanto provisional como definitiva, este é o teu lugar. Conecta de forma eficaz con outros compañeiros e compañeiras e xestiona con facilidade o teu cambio de centro na mesma ou distinta localidade.
Ao crear unha permuta ou intercambio usando a sección "ALTA DE PERMUTA" do menú, o usuario recibe un correo electrónico confirmando a súa alta. É importante gardar este correo para poder cancelar a permuta unha vez realizada ou por calquera outro motivo. En caso de perder o devandito correo, existe no menú a opción de “DÚBIDAS POR CORREO”, con ela se lle envía un e-mail á plataforma. Indique o nome e o correo electrónico que usou na plataforma á hora de dala de alta e como asunto “CANCELAR PERMUTA”. O encargado da plataforma realizará a cancelación da mesma o máis axiña posible.
|