Resumo da reunión de acción social 2026.

  • Acción Social

8 de urria de 2026

Hoxe mantivemos unha reunión coa Dirección Xeral de Xustiza sobre as listaxes definitivas da acción social 2026.

Os datos definitivos que nos proporcionaron son os seguintes:

-Houbo 18 alegacións das 19 provisionalmente denegadas. Admitíronse 17.

-Número total de solicitudes presentadas:  143  (corresponden a 163 beneficiarios)

-Solicitudes admitidas:  141 máis 1 parcialmente estimada

-Solicitudes denegadas :  1

As cantidades que se percibirán serán as seguintes:

-Tramo 1 do 33 % ao 64 %:    87,29 € 

-Tramo 2 do 65 % ao 74 %:     174,59 € 

-Tramo 3 do 75 % en diante:    349,18 € 

Informaránnos tamén de cando se vai publicar a Resolución no DOG así como as datas de pagamento.

Dende CSIF seguiremos intentando, nas sucesivas convocatorias, que se amplíe esta acción social aos supostos anteriores á crise (axudas por estudos, transporte...) así  como a ampliación da partida presupuestaria para este fin.

PARTEKATU