Reunión sobre acción social.
- Acción Social
17 de apirila de 2026
No día de hoxe tivo lugar a reunión sobre a acción social deste ano. Dende CSIF fixemos as seguintes alegacións:
Primeira: Solicitamos que se aumente o orzamento anual destinado á Acción Social, levamos anos co mesmo orzamento e é un absoluto inmobilismo por parte da Dirección
Xeral Xustiza que un ano máis mantén conxelado o orzamento destinado a este programa.
Segunda: Punto 3.5. Relación de documentación xustificativa:
b) engadir despois de “… sexa a primeira vez que se solicita a axuda, OU que se producisen cambios…..
c) engadir despois de “… sexa a primeira vez que se solicia a axuda, OU que se producisen cambios..... " d) engadir ao final do parágrafo “sempre que non o acreditase en convocatorias anteriores ou non apareza precargado na aplicación
f) O Certificado de convivencia ou empadroamento conxunto: “ eliminar actualizado e engadir de producirse cambios nos últimos 4 anos: É inadmisible que todos os anos se teña que acreditar unha circunstancia que non variou e que supón nalgúns caso un sobre custo de taxas de expedición do citado certificado.
Terceira: Solicitamos recuperar a dotación orzamentaria previa aos recortes, actualizada a 2026 e incrementar progresivamente a partida ata alcanzar polo menos o 1% da masa salarial. Isto permitiría, non só mellorar a axuda actual, senón tamén recuperar programas eliminados e ampliar o alcance da acción social a novos ámbitos esenciais como: .
-Axudas sanitarias de intolerancias
-Axudas estudos (fillos/as e funcionarios/as)
-Axuda a fillos/as menores
- Axudas adquisión equipamento tecnolóxico
-Axudas por violencia de xénero
-Axudas por transporte