Resumo da reunión informativa coa DXX.

  • CSIF Informa

23 de abendua de 2025

                Hoxe tivemos reunión informativa coa DXX na que nos deron conta do seguinte:

-Na conferencia sectorial de onte entre as CC.AA. e o Ministerio, só Asturias pediu moratoria na implantación da NUMO, concedéndolle un prazo ata o 15 de febreiro. Nas demais CC.AA., a pesar de non pedir moratoria, irase instaurando o novo sistema de forma paulatina pero ponse como data límite o 31 de marzo.

Neste sentido, aquí en Galicia van realizar catro cronogramas:

1) O que denominaron “os críticos”: LAXs e persoal funcionario que cambian totalmente de área, servizos de garda e vioxen. Nestes casos, esperan ter os novos permisos o 2 de xaneiro. En relación a isto, o servizo de garda ten que quedar garantido o 31 de decembro, de tal maneira que se manterán os accesos para o persoal actual e para o novo. Mantéñense tamén as prazas de maxistrado en instrución.

2) Servizos xerais: rexistro e reparto, familia, SCACE, resto de instrución e resto de LAXs.

3) O que queda por implantar da fase III pensan que o farán por cidades.

4) Audiencias Provincias e TSX.

Cando teñen estes cronogramas, xa os pasarán para saber as datas dos cambios.

-Din que os/as secretarios/as coordinadores e os LAXs directores van trasladar a AMTEGA qué equipos funcionais hai para ir concedendo os diferentes permisos. En principio, o 2 de xaneiro, todo o persoal terá os mesmos permisos que na actualidade e progresivamente se irán otorgando os novos.

-Ourense vai ser cidade piloto en toda esta implantación da fase III.

-Queren que o persoal de auxilio faga “a mudanza” dos expedientes. Dende CSIF protestamos xa que non e función deles e por parte da DXX dixeron que valorarían outras posibilidades.

-O persoal que obtivo unha xefatura no concurso específico vai permanecer no mesmo sitio.

-En canto ao persoal que se pretende que sexa apoio a xuíces, a DXX sí cre que o CXPX se extralimitou pero non é da súa competencia facer nada ao respecto. Dende CSIF tamén manifestamos a nosa total oposición a esa especie de servilismo propio doutros séculos.

-En canto aos permisos, garantízanse todos. Vaise autorizar aos LAXs directores para que firmen as peticións nas áreas onde non haxa LAXs.

-En canto á migración á Atenea, de momento, non saben cómo vai ser.

-Polo que respecta á normativa de violencia, dixéronnos que foi firmada hoxe e que se publicará no DOG os próximos días.

-Nos xulgados comarcalizados de violencia, a DXX di que non teñen feita a guía y que pediron á Fiscalía que unifique criterios.

-Por último, preguntamos polo abono da subida xeral acordada entre o Ministerio de Función Pública e CSIF e UXT e confírmannos que o pago dos atrasos de 2025 (2,5%) se fará nunha nómina aparte na primeira quincena de xaneiro. A subida do 2026 (1,5%) xa irá na nómina ordinaria de xaneiro xunto cos 90 euros de subida de complemento específico.

Erantsitako fitxategiak

PARTEKATU