A DXX contesta a CSIF dúbidas sobre o proceso de acoplamento da fase III.

  • CSIF Informa

22 de iraila de 2025

CSIF realizou algunha pregunta á DXX sobre o proceso de reorganización do persoal e tamén sobre distribución de aulas dos exames de auxilio do próximo 27 de setembro. En negriña tedes as contestacións.

1.- En relación ás Xefaturas de Xestión de actos de comunicación e de Rexistro e repartición só aparecen funcións de inspección e de supervisión, pero non aparecen funcións de carácter procesual.. Neste sentido o problema nos SCACE é que se se eliminan postos de Xestión e establécese unha Xefatura que non vai facer funcións que legalmente correspondan aos corpos dos que sexan membros, A pregunta é , é un erro? ou efectivamente dita Xefatura non vai ter que realizar funcións procesuais?

As funcións que corresponden ao persoal están supeditados ao que establece a LOPJ, a resolución de estrutura e o que determinen os protocolos de actuación.

2.- Respecto ás certificacións do posto desempeñado en funcións de execución para os postos singularizados. A xente que estivo nestes xulgados, onde xa non están en activo os letrados por xubilacion, falecemento, etc.... . Quen lles pode certificar ese tempo de traballo no xulgado e con esas funcións? . Válelles coa toma de posesión no xulgado e o cesamento, no seu caso? É unha dúbida que nos trasladan e queremos saber cal é o proceder respecto diso. A experiencia neses postos non ten que ser necesariamente a través de certificacións. Hai que ver casos por caso. Se traballou en Galicia non ten problema. Hai varias formas de facelo.

3.- Están a xerarse moitas DÚBIDAS en canto ao proceso de CONFIRMACION, sobre todo daqueles compañeiros que levan tramitación e execución. Segundo a resolución de data 11 de setembro que se nos trasladou por parte desa Dxx , Proceso para o desenvolvimiento da Reorganizacion de efectivos nas oficinas de xustiza....... FASE III, no apartado C. "CONFIRMACIÒN NON POSTO: - Persoal destinado en cada uns dous órganos xudiciais de xurisdicción civill, social, contencioso-adminitrativo e penal: Se establece que este pesonal será confirmado nos postos de traballo da unidade, que preste servizo, nestes caso, no servizo común de tramitación ou no servizo común de execución, nas áreas que no seu caso correpondan. A confirmación establecerase segundo as porcentaxes correspondentes á distribución actual, en idéntica proporción. No caso de que este persoal tramite e execute, daráselle a opción de confirmar no servizo de tramtación ou no servizo de execución".  Os COMPAÑEIROS que tramitan e executan estannos preguntando COMO É ESE PROCESO PARA ELES. É dicir, van poder elixir tramitar ou executar ANTES DE CONFIRMAR Á XENTE QUE TRAMITA Ou DE CONFIRMAR Á XENTE QUE EXECUTA. , para poder CONFIRMARSE onde realmente queren? Isto é, se quero TRAMITACIÓN, confirmarse no proceso de confirmacion de Tramitación e se queren execución confirmarse no proceso de Execución. DESDE CSIF, entendemos que o primeiro que habería que facer sería saber quen quere Tramitar e quen quere Executar , antes de iniciar o proceso de confirmación de Tramitacion ou de confirmación de Execución. Cremos que sería mais equitativo e igualitario, porque se sabería quen quere Tramitar e quen quere Executar e despois levaríase a cabo o proceso de CONFIRMACIÓN correspondente.

Convocaremos en outubro reunións específicas para tratar estas e outras cuestións sobre o proceso.

4.- En relación aos exames de Auxilio xudicial quenda libre o proximo dia 27 de setembro, pregúntannos cando saberemos a distribución das aulas .

Segundo nos dixo o Ministerio a publicación será inminente, pero non podo especificar máis ao non ser algo da nosa competencia.

PARTEKATU