SUBSTITUCIÓNS : ANULACIÓN CONVOCATORIA DO 28-05-25

  • Últimas noticias
  • CSIF Informa

11 de ekaina de 2025

O 28/05/2025 ofertouse para a súa provisión temporal mediante o sistema de substitución entre persoal funcionario dos corpos xerais ao servizo da Administración de xustiza, un posto do corpo de xestión procesual e administrativa no Xulgado de Paz de Cerceda por causa dunha licenza por enfermidade.

Procede deixar sen efecto a convocatoria do dito posto por cambiar as circunstancias que a motivaron por consecuencia da resolución do concurso de traslados convocado pola Resolución do 16 de xaneiro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca concurso de traslados entre o persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza.

Accede a Resolución da Dxx 👇🏽

Erantsitako fitxategiak

PARTEKATU