APERTURA DE LISTAS EN GALICIA nos Corpos de profesores de ensino secundario e Corpo de profesores técnicos de formación profesional
- Empleo
- Ofertas y bolsas de trabajo
- Puesto de Trabajo y Categoría Profesional
- Interino
17 de noviembre de 2020
FP
Mecanizado e mantemento de máquinas
Procesos de xestión administrativa
Sistemas e aplicacións informáticas
SECUNDARIA
Física e química
Música
Tecnoloxía
Lingua e literatura galega
Informática

Resolución pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de PES e de profesores técnicos de FP
SECUNDARIA
ESPECIALIDADE |
|
Física e química |
|
Música |
|
Tecnoloxía |
|
Lingua e literatura galega |
|
Informática |
FP
ESPECIALIDADE |
|
Mecanizado e mantemento de máquinas |
|
Procesos de xestión administrativa |
|
Sistemas e aplicacións informáticas |
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ mércores día 18 de novembro ata o día 24 de novembro de 2020, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ mércores día 18 de novembro.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
- Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (enlace DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201021/AnuncioG0598-151020-0003_gl.pdf)
- Resolución do 17 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convoca un procedemento para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e de profesores técnicos de formación profesional (591) (código de procedemento ED003A).