BOLSAS DE INTERIDADES E SUBSTITUCIÓNS
- Empleo
- Ofertas y bolsas de trabajo
21 de octubre de 2020
Publicación das resolucións pola que se convocan procedementos para a elaboración de listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en determinadas especialidades dos corpos de mestres, PES, profesores técnicos FP e corpo de profesores de música e artes escénicas

INTERINIDADES E SUBSTITUCIÓNS
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 22 de outubro ata o día 28 de outubro de 2020, ambos incluídos.
Listas convocadas:
1. Corpo de profesores de ensino secundario (590):
- 590004 Lingua castelá e literatura
- 590010 Francés
- 590124 Sistemas electrónicos
- 590125 Sistemas electrotécnicos e automáticos
2. Corpo de profesores técnicos de formación profesional (591):
- 591202 Equipamentos electrónicos
- 591204 Fabricación e instalación de carpintería e moble
- 591206 Instalacións electrotécnicas
3. Corpo de mestres (597)
- 597033 Lingua estranxeira francés
4. Corpo de profesores de música e artes escénicas(594). As especialidades convocadas son:
- CLAVE (594405)
- CONTRABAIXO (594406)
- PERCUSIÓN (594422)
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través deste ligazón e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 22 de outubro.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
Por cada especialidade na que desexa inscribirse deberá formular unha solicitude, anexar a documentación e realizar un pagamento de taxas.
Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procemento ED003A.
- Resolución do 13 de outubro de habilitación do procedemento ED003A (DOG)
- Resolución do 21 de outubro corpos profesores ensino secundario e de profesores técnicos de formación profesional
- Resolución do 21 de outubro corpo de mestres
Convocatorias
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32181
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32185
Titulacións que dan acceso ás listas: AQUÍ (ver tamén rosolución para ver os requisitos específicos)