Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades dos corpos de PES (590), PMAE (594) e PSSFP (598)
- Empleo
- Ofertas y bolsas de trabajo
8 de noviembre de 2023
Resolucións do 8 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polas que se convocan procedementos para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades

Resolucións do 8 de novembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polas que se convocan procedementos para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590), corpo de profesores de música e artes escénicas (594) e corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional.
Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ xoves día 9 de novembro ata o día mércores 15 de novembro de 2023, ambos incluídos.
Como cubrir a solicitude de inscrición:
1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A que estará dispoñible MAÑÁ xoves día 9 de novembro de 2023.
2º. Premer na icona “Tramitar en liña”
Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).
3º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.
4º Lembre que deberá anexar coa solicitude e a restante documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.
En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.
Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.
Corpo 590
590102 - Análise e química industrial
590107 - Informática
590109 - Navegación e instalacións mariñas
590123 - Procesos e produtos en madeira e moble
590124 - Sistemas electrónicos
590125 - Sistemas electrotécnicos e automáticos
590205 - Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluidos
590206 - Instalacións electrotécnicas
590227 - Sistemas e aplicacións informáticas
590231 - Equipos electrónicos
Corpo 594
594118 - Dramaturxia e escritura dramática
594130 - Teoría das artes do espectáculo
594436 - Danza clásica
594431 - Viola
594427 - Trompa
594423 - Piano
594414 - Guitarra
594460 - Linguaxe musical
Corpo 598
598006 - Patronaxe e confección
598010 - Soldadura