Próxima apertura de listas complementarias para postos de Bombeiro/a Forestal Xefe/a de Brigada

20 de agosto de 2026

Medio Rural prepara unha lista complementaria para cubrir postos de Bombeiro/a Forestal Xefe/a de Brigada pola posible falta de persoas nas listas ordinarias.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural vén de publicar unha resolución para a elaboración de listas complementarias destinadas á cobertura temporal de postos de Bombeiro/a Forestal Xefe/a de Brigada do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF), ao abeiro do establecido na disposición adicional sétima do Decreto 37/2006, do 2 de marzo.

Segundo a información trasladada, o obxectivo destas listas é reforzar a dispoñibilidade de persoal durante o período de alto risco de incendios forestais, para a cobertura temporal de postos de persoal laboral e funcionario.

Estas listas terán carácter subsidiario respecto das listas ordinarias reguladas polo Decreto 37/2006 e utilizaranse cando non existan persoas dispoñibles nas correspondentes listas ordinarias.

1. ¿Quen poderá formar parte das listas?

Poderán solicitar a súa incorporación ás listas complementarias as persoas que:

  • Participasen, pola quenda de acceso libre, no proceso selectivo para o acceso á escala técnica do SPIF, especialidade de Bombeiro/a Forestal Xefe/a de Brigada, cuxas puntuacións correspondentes aos exercicios realizados foron publicadas no DOG do 13 de agosto de 2026.
  • Non figuren nas listas de contratación temporal do SPIF reguladas polo Decreto 37/2006 na escala 209U corpo de técnicos facultativos, escala técnica do SPIF, especialidade bombeiro forestal Xefe de Brigada e categoría 100 bombeiro forestal Xefe de Brigada do grupo III.
  • Non estean prestando servizos actualmente en postos vinculados ao SPIF.

Deste xeito, preténdese incorporar novas persoas ás listas complementarias, evitando incluír persoas que xa formen parte das listas ordinarias de Bombeiro Forestal Xefe de Brigada ou que estean prestando servizos actualmente no dispositivo.

2. ¿Que deberán facer as persoas interesadas?

As persoas que cumpran os requisitos anteriores deberán:

2.1. Solicitar a súa incorporación á lista complementaria.

2.2. Indicar unha única provincia pola que desexan participar:

  • A Coruña
  • Lugo
  • Ourense
  • Pontevedra

 

2.3. Presentar a solicitude ata o 24 de agosto de 2026, inclusive.

A solicitude deberá presentarse mediante o Anexo I, publicado no portal web da Consellería do Medio Rural, utilizando o procedemento PR004A – Solicitude electrónica xenérica, a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, e deberá dirixirse á:

Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural
Código de unidade: A12017220

3. ¿Como se elaborarán as listas?

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, publicaranse no portal web da Consellería do Medio Rural as listas provisionais.

Nestas listas constará, entre outros aspectos:

  • A provincia pola que opta cada persoa.
  • A orde de prelación, determinada de acordo coas puntuacións obtidas nos exercicios realizados da fase de oposición do proceso selectivo, nos termos que estableza a correspondente resolución.

4. Proba de aptitude física

As persoas incluídas nas listas provisionais deberán realizar a correspondente proba de aptitude física:

  • Data: 3 de setembro de 2026.
  • Lugar: Santiago de Compostela.
  • Proba: Field Test, consistente en percorrer 3.200 metros sobre terreo plano, transportando un peso de 11 kg ás costas, nun tempo máximo de 30 minutos.

O certificado médico oficial ou informe acreditativo do estado de saúde deberá achegarse antes do 1 de setembro, nos termos establecidos na convocatoria e conforme ás indicacións que se publiquen no portal web da Consellería do Medio Rural.

5. Listas definitivas

Unha vez realizadas as probas físicas e resoltas as alegacións que, de ser o caso, se presenten fronte ás listas provisionais, procederase á publicación das listas definitivas no portal web da Consellería.

6. Chamamentos

Os chamamentos das persoas integrantes das listas complementarias realizaranse polos correspondentes departamentos territoriais, por vía telefónica, comprobando previamente a inexistencia de persoas dispoñibles nas listas ordinarias.

A xestión dos chamamentos das listas complementarias será independente das listas ordinarias.

7. Publicidade

A resolución pola que se estableza o procedemento, así como os diferentes anuncios relativos ao seu desenvolvemento, serán publicados no portal web da Consellería do Medio Rural.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR