CSIF, CCOO e UGT esixen á dirección xeral de emprego público a rectificación inmediata das resolucións dos actos de elección de destino no SPIF
- Otros artículos
15 de diciembre de 2025
As organizacións sindicais CSIF, CCOO e UGT manifestamos a nosa máis firme oposición ás resolucións ditadas pola Dirección Xeral de Emprego Público (DXEP) en relación cos actos de elección de destino no SPIF, ao considerar que son inxustos, incorren en irregularidades graves,vulneran principios esenciais de legalidade, igualdade, mérito e capacidade, e xeran unha situación de inseguridade xurídica inaceptable para o persoal afectado.
Estas resolucións afectan gravemente aos dereitos das persoas traballadoras do SPIF e poñen de manifesto unha forma de proceder sistematicamente deficiente, cuxas consecuencias se estenderán no tempo e xerarán novos conflitos se non se corrixen de maneira inmediata.
Promoción interna OPE 2016
En primeiro lugar, denunciamos a situación que afecta ás persoas aspirantes da promoción internada OPE de 2016, que están a ser relegadas de maneira ilegal a escoller destino despois das persoasaspirantes da oferta de emprego do ano 2019, apoiándose nun argumento insólito e inxustificable: o cambio de vínculo xurídico en procesos derivados da OPE de 2021.
Os feitos son claros e non admiten interpretacións interesadas:
• As persoas que superaron a promoción interna da OPE de 2016 foron adscritas ilegalmente a
destinos de carácter provisional, como consecuencia de que a Administración non convocou
previamente o concurso de traslados do persoal laboral, sendo esta unha omisión imputable
exclusivamente á DXEP.
• Posteriormente, co cambio de vínculo xurídico a persoal funcionario, a Dirección Xeral volveu
repetir a mesma actuación irregular, adxudicando de novo destinos provisionais.
• Como consecuencia directa desta xestión deficiente, non se lle permitiu a este colectivo
participar no concurso de traslados.
• Agora, de maneira absolutamente inadmisible, preténdese que estas persoas asuman as
consecuencias da incompetencia acumulada da propia DXEP, situándoas nunha peor posición
ca outros colectivos e alterando a orde lóxica e legal de elección de destinos.
A esta situación súmase unha grave irregularidade:
Nos procesos de funcionarización, a superación determinouse exclusivamente en termos de “apto» ou “non apto”, sen cualificación numérica, polo que non existe unha nota válida que permita establecer unha prelación obxectiva para a elección de destino.
Ante esta ausencia, a Dirección Xeral optou de maneira unilateral e arbitraria por inventar o criterio da antigüidade como mecanismo para fixar a orde de elección.
Este criterio non figura nas bases, non foi negociado, non responde aos principios de mérito e capacidade e carece de cobertura normativa, constituíndo unha decisión discrecional que introduce desigualdade e agrava aínda máis a inseguridade xurídica do proceso.
Unha vez máis, a Administración traslada ao persoal afectado as consecuencias da súa propia mala planificación en lugar de corrixir os seus erros.
Oferta incompleta de prazas nas eleccións de destino de persoal funcionario
A esta primeira irregularidade súmase outra de gran calado, que afecta aos actos de elección de destino do persoal funcionario:
• Non se ofertan todas as prazas que quedaron vacantes tras a resolución do concurso de
traslados.
• É certo que non existe unha obriga legal expresa de ofertar a totalidade das prazas vacantes;
porén, tamén é evidente que non existe xustificación ningunha para non facelo.
• Esta decisión carece de motivación, rompe con calquera criterio de racionalidade organizativa e prexudica directamente ás persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos, impedíndolles acceder a destinos máis próximos aos seus lugares de residencia, co conseguinte impacto persoal, familiar e económico.
• Un problema que se agravará no medio prazo e que anticipa un conflito futuro de enormes
dimensións:
-En xaneiro está prevista a convocatoria dun novo proceso selectivo de persoal
funcionario.
-A este novo colectivo ofertaranse como destinos definitivos prazas que agora se están
negando a quen superou o proceso actual. Cómpre lembrar un aspecto esencial que a
propia Administración parece ignorar: Xa non é posible adxudicar destinos provisionais
na resolución dun proceso selectivo.
-Esta situación xerará unha desigualdade flagrante entre persoas aprobadas en distintos
procesos, sen base obxectiva nin razoable, e rompe calquera principio de equidade na
provisión de postos.
-Ademais, Esta forma de proceder non só é inxusta, senón que aboca á Administración a
un escenario de conflitividade perfectamente evitable se actuase con criterios de
coherencia e boa administración.
Trato arbitrario na oferta de prazas de persoal laboral
A todo o anterior súmase outra irregularidade que afecta ao persoal laboral do SPIF, e que evidencia a falta de criterios obxectivos e a arbitrariedade na toma de decisións por parte da DXEP nos actos de elección de destino de persoal laboral:
• Na categoría de bombeiro forestal xefe de brigada, ofértanse a totalidade das prazas existentes: 139 prazas.
• Na categoría de bombeiro forestal, ofértanse igualmente todas as prazas existentes: 290 prazas.
• Porén, e sen achegar ningunha xustificación, na categoría de bombeiro forestal condutor só se ofertan 60 prazas das 138 existentes.
Este proceder resulta absolutamente incomprensible e inaceptable, xa que:
➢ Non existe ningunha diferenza obxectiva que xustifique un trato tan desigual entre categorías do mesmo ámbito funcional.
➢ Non se ofreceu explicación técnica, organizativa nin orzamentaria que avale esta decisión.
➢ Vulnérase o principio de igualdade de trato e introdúcese unha discriminación inxustificada entre colectivos que desempeñan funcións esenciais dentro do SPIF.
Unha vez máis, a Dirección Xeral actúa sen criterios claros, sen transparencia e sen negociación, xerando desconcerto, agravios comparativos e un profundo malestar entre o persoal afectado.
Insuficiencia de prazas ofertadas
Ás situacións anteriores engádese outra de extrema gravidade, xa que compromete a propia adxudicación de destino a todas as persoas que superaron o proceso selectivo.
En determinadas categorías, a Dirección Xeral está a ofertar un número de prazas inferior ao de persoas convocadas aos actos de elección de destino. Esta situación resulta inadmisible e contraria a calquera lóxica administrativa.
• Emisorista (10C): Postos ofertados 66 / Persoas convocadas 69
• BF conductor (14A): Postos ofertados 60 / Persoas convocadas 71
Tamén é preocupante na categoría de bombeiro forestal funcionario, onde:
Parte das prazas ofertadas son prazas de helitransportadas nas que se exixen requisitos físicos no requiridos nas convocatorias. En ningún caso estas prazas poden computarse como prazas ordinarias a efectos de garantir destino a todas as persoas aprobadas. Cómpre insistir en que:
• A superación dun proceso selectivo debe comportar necesariamente a adxudicación dun
destino, en condicións axustadas ás bases da convocatoria.
• Non é admisible que a Administración condicione ese dereito á aceptación de prazas con
requisitos non previstos inicialmente, nin que utilice estas prazas de para enmascarar a falta de oferta real.
Ante este cúmulo de irregularidades, CCOO, CSIF e UGT esiximos:
• A rectificación inmediata de todas as resolucións dos actos de elección de destino
no SPIF.
• A rectificación da orde de preferencia na elección de postos da promoción interna
da OPE do 2016
• A oferta de todas as prazas que participaron en quedaron vacantes no concurso
de traslados do persoal funcionario do SPIF
• A oferta dun número suficiente de prazas para garantir destino á totalidade das
persoas aprobadas.
• A aplicación de criterios homoxéneos, obxectivos e transparentes en todas as
categorías e especialidades.
• A apertura urxente dun proceso real de negociación coas organizacións sindicais
antes de continuar cos actos de adxudicación.
• A intervención do Conselleiro de Facenda para reconducir os problemas
detectados, solicitando unha reunión con carácter de urxencia para luns/martes
da próxima semana.
Advertimos de que, de persistir esta situación, CCOO, CSIF e UGT adoptaremos todas as medidas sindicais e xurídicas necesarias para salvagardar os dereitos do persoal afectado