CSIF, xunto a CCOO e UGT, chegan a un acordo co SERGAS e desconvocan a folga do próximo dia 26
- Prensa y Comunicación
24 de noviembre de 2025
Os sindicatos CSIF, CCOO e UGT deixan sin efecto as acción previstas en Atención Primaria tras acadar un acordo co SERGAS que recolle todas as reivindicacións presentadas.
Despois dunha longa e complexa negociación co Servizo Galego de Saúde (SERGAS), as organizacións sindicais CSIF, CCOO e UGT anuncian a desconvocatoria da folga de Atención Primaria de Galicia, prevista para o día 26 de novembro.
A decisión chega tras presentar o SERGAS un documento no que acepta a totalidade das demandas sindicais, o que supón unha clara mellora das condicións económicas, organizativas e laborais de todo o persoal de Atención Primaria, reivindicacións que levaban anos pendentes de solución.
Principais melloras acadadas:
• Retirada íntegra das medidas incluídas no documento de 17 de outubro.
• Extinción da categoría de FEAP, que se culminará a finais de 2029.
• Compromiso para negociar un Plan de Ordenación de Recursos Humanos nun prazo máximo de 6 meses.
• Retirada do aplicativo de xornada dos PAC.
• Equiparación do valor hora da enfermaría de PAC co persoal das unidades e servizos.
• Recoñecemento dos venres como día pre-festivo para o persoal médico de PAC.
• Actualización do complemento de manutención a 15 €.
• Compensación en días dos festivos que coincidan en sábado.
• Consolidación do servizo de transporte (taxi) en Atención Primaria.
• Dotación de recursos materiais para centros de saúde e PAC.
• Implantación de novas categorías profesionais para reforzar a carteira de servizos de Atención Primaria.
• Análise e garantía das ratios profesionais, asegurando o 1:1 entre medicina de familia e enfermaría.
• Compromiso dun máximo de 30 asistencias por equipo nos PAC.
• Aplicación do pago por TIS (tarxeta individual sanitaria) a todo o persoal de AP.
• Análise das cargas de traballo do persoal administrativo para axustalas ás ratios establecidas.
• Definición de postos de difícil cobertura e implantación de incentivos asociados.
• Convocatoria do concurso específico de Enfermaría Familiar e Comunitaria no primeiro trimestre de 2026.
• Retirada de calquera medida relacionada coa homologación do título de Medicina Familiar e Comunitaria.
CSIF, CCOO e UGT destacan que este acordo supón un avance histórico para a Atención Primaria galega e pon fin a anos de precarización, falta de recursos e ausencia de planificación real. As melloras permitirán reforzar os equipos, garantir unha mellor organización asistencial e ofrecer unha atención de maior calidade á cidadanía.