Reunión coa Consellería de Medio Rural: poucos avances e nivel de compromiso moi baixo

  • Otros artículos

19 de septiembre de 2025

1. Creación dun grupo de traballo para a determinación das funcións dos
Axentes no ámbito da Consellería do Medio Rural para o novo regulamento da
escala.

A Administración incumpriu varios acordos onde se comprometía a negociar un novo
Regulamento de funcións. Solicítamos que tomen como documentos de partida a Lei 4/24
Básica de Axentes Forestais e Medioambientais e o borrador conxunto do Regulamento
presentado polas OOSS no ano 2017. Que a administración cree grupos de traballo serios e
con vontade de avanzar.. A CMR comprométese a crear os grupos de traballo e comezar polas
funcións e vai a valorar se posteriormente se crean subgrupos separados por areas funcionais, ou un único grupo de traballo.
Esixiremos que se sente MA para o Regulamento que sexapara toda a escala.

2. Proposta de modificación do Acordo de condicións de traballo das escalas de
Axentes.

Na reunión celebrada o 9 de Agosto, pedirase que as reunións foran conxuntas coa Consellería
de Medio Ambiente e Cambio Climático, para tratar un único acordo de condicións para todas
e todos. Dada a gran responsabilidade que exercen os traballadores da escala de Axentes
Técnicos en Xestión Ambiental entendemos que é necesario revisar:

-O incremento de niveis máis aló da suba proposta pola Administración dun punto
equilibrando o nivel de responsabilidade do complemento de destino.
-É necesario que se abonen as Gardas de fin de semana e festivos en período ordinario.
-Retribución das noites en período ordinario a un prezo acorde aos prezos estipulados
para traballadores que realizan traballo nocturno.
-Aclarar que se poden solicitar as vacacións por días hábiles, pois temos dereito como o
outro persoal a quendas a solicitar por día de quenda, cousa que nalgúns sitios non se
está facendo.

A administración di que toma nota e vai proceder a estudar as propostas. Mandará un
calendario de reunións, e acordase que as OOSS mandemos por escrito as demandas
solicitadas, tomando como borrador inicial o texto do acordo de condicións de traballo do
ano 2019, e a orde de horarios.

3. Proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT)

A CMR informa que a intención que ten é a de facer unha proposta de modificación
da RPT para plasmar a subida de 1 nivel tal como se nos propuxera na anterior
reunión.

Pola nosa parte propuxemos o seguinte:

– Análise das cargas de traballo por distritos e consellerías para ver de incrementar
prazas onde se detecten carencias.
– Demandamos varias prazas de nova creación tal como reflectían as medidas 26 e 27.
◦ Medida 26: A creación dos Equipos Forestais de Investigación, Haberá un
mínimo de tres axentes dos Equipos Forestais de Investigación en cada un dos
19 distritos, forestais de Galicia, é dicir un mínimo de 57 axentes.
◦ Medida 27: A creación dos Equipos de Vixilancia de incumprimento Haberá un
mínimo de dous efectivos de vixilancia por cada distrito forestal, é dicir 38.
– Creación das prazas UDEX cun mínimo de traballadores suficientes para a cobertura do
servizo e que garantan os descansos do persoal.
-É necesario que as prazas estean barradas C1/B e a administración non pode seguir
cubrindo prazas dende a escala extinta do C2.

Rogos e preguntas.

As OOSS propuxemos á CMR que é necesario que se poña en contacto con Emprego Público
para que se resolva o concurso de traslados da escala de Axentes técnicos en Xestión
Ambiental, posto que é do ano 2023, e que inmediatamente despois se dea destino definitivo
ao proceso selectivo en marcha, pois precísase telo realizalo no remate da campaña, para que
de cara ao inicio da seguinte campaña de alto risco non teñamos os problemas actuais.
Tamén a actualización das listas cos méritos a día de hoxe. Advertimos de que a partir de
2026 pode haber unha alta proporción de xubilacións pola entrada en vigor da xubilación
anticipada por coeficientes redutores e que obrigará a telo en conta para futuras Ofertas
Públicas de Emprego.

Para as OOSS, a reunión celebrado onte día 17 foi unha reunión con poucos avances e nivel de compromiso moi baixo por parte da Administración. Quedamos pendentes das conclusións da reunión coa Consellería de Medio Ambiente que teremos o 22 para estudar medidas se non hai avances.

 

COMPARTIR