Sindicatos de Xustiza reclaman transparencia á Administración para negociar as RPTs das cidades

  • Otros artículos

11 de junio de 2025

Nota conxunta da mesa sectorial do pasado día 10 de xuño

As tres organizacións sindicais (STAJ, UXT e CSIF) nunha soa voz esiximos á Administración que achegue toda a documentación que xustifique as súas propostas e que é imprescindible para a negociación, polo que lle reclamamos que nos entregue as cargas de traballo, os manuais de postos e os protocolos de actuación aos sindicatos para analizar a distribución do persoal nas RPTs. Non se entrou polo miúdo nas RPT das cidades porque insistimos na falta de datos. De feito, os tres sindicatos pedimos a suspensión da mesa, ao que non se accedeu, pero si se comprometeron a pasarnos máis documentación.

En relación aos protocolos de actuación, lembrámoslle á Dirección Xeral de Xustiza (DXX) a obriga legal e regulamentaria que teñen os Secretarios coordinadores provinciais de colaborar coa Administración Autonómica para a efectividade das funcións que esta ostenta en materia de medios persoais e materiais e, concretamente, a prescripción legal establecida no RD 1608/2005 (Regulamento Orgánico do Corpo de Secretarios Xudiciais) que obriga aos Secretarios coordinadores provinciais a informar á DXX sobre a creación ou modificación das RPT.

Ademais, deixamos claro que o partido xudicial de Ferrol non pode quedar descolgado do resto, sobre todo tendo en conta as estatísticas e a poboación que o equiparan a outros partidos xudiciais como Santiago e Pontevedra e que teñen áreas diferenciadas dentro os Servizos Comúns, polo que, de non crearse as áreas porque a Resolución da estrutura de Oficina Xudicial de momento impídeo, teñen que crearse os Equipos de Traballo.

En todas as cidades amplían  o cadro de persoal do Servizo Común de Tramitación ou do Servizo Común de Execución co persoal dos servizos transversais, sobre todo cos do servicio de apoio, que o pasan ás áreas nas que están dando apoio.

COMPARTIR