O profesorado non se vende!

10 de noviembre de 2023

-Éxito de participación nas protestas nos centros contra o "acordo de renuncias" asinado por CCOO, UGT e ANPE co goberno da Xunta
-O próximo martes continúan as mobilizacións con concentracións nas sete cidades galegas

CSIF Ensino quere dar as gracias a toda a comunidade educativa que onte se sumou á primeira das actividades prevista na axenda de mobilizacións convocadas por CSIF, CIG e STEG para o mes de novembro en contra do "acordo de renuncias" asinado por CCOO, UGT e ANPE co goberno da Xunta.

Centos de compañeiros e compañeiras participaron nas protestas simbólicas nos seus centros e remitiron distintas imaxes cos cartaces das diferentes convocatorias previstas nesta campaña de "Novembro de loita" e coas principais reivindicacións:

-Recuperación dos horarios de 18 e 21 horas 

-Redución das ratios en todas as ensinanzas

-Redución da burocracia

-Reparto lineal da masa salarial comprometida pola Consellería ante todo o profesorado

"Sodes todos e todas os que estades, malia que non esteades todos e todas os que fostes;) Dende CSIF Ensino agardamos e animámosvos a volver a contar con vós o próximo martes nas concentracións convocadas ás 19.00 H nas sete cidades galegas, así como na Manifestación prevista para o día 19 e a nova folga do día 28 se a Consellería non rectifica antes e se senta a negociar.

Bota un ollo á galería de imaxes.

 

 

 

GALERÍA

COMPARTIR