Sen avance nas negociacións do conflicto dos bombeiros comarcais

25 de septiembre de 2023

CSIF e o resto dos sindicatos lamentan que, máis unha vez, esta reunión só servise para volver ao punto de partido

O Comité de Folga dos Bombeiros Comarcais de Galicia  vén de expresar o seu malestar polo resultado da reunión convocada para hoxe no Consello Galego de Relacións Laborais coas 4 Deputacións Provinciais e a Xunta de Galicia, pois non se deu ningún avance encamiñado á resolución do conflito.

"Despois da primeira reunión celebrada o 14 de setembro, hoxe, dia 25 de setembro, volveron a reunirse as partes para seguir avanzando nas negociacións do Convenio Colectivo, mais non serviu para nada pois volvemos ao punto de partida, tendo que volver a tratar e confirmar os puntos claves e o marco de entendemento xa recoñecido fai 11 días."

Dende a parte traballadora advertiron aos representantes das catro Deputacións Provinciais e da Xunta de Galicia que a velocidade que están a levar estas reunións e negociacións non son as axeitadas se o que se persegue é solucionar o problema e normalizar o Servizo.

"Entendemos que están a dilatarse os tempos mais do necesario, chegando ás reunións para confirmar o xa acordado, sen posibilidades de avance.Despois desta reunión o único que se saca en claro é a data da seguinte reunión que queda fixada para o vindeiro 09/10/2023", ironizan os membros do Comité.

 

 

 

COMPARTIR