El SERGAS publica nota informativa cos resultados definitivos do concurso de méritos de enfermería
8 de junio de 2023
Un día despois do emprazamento urxente feito por CSIF, o SERGAS publica na súa web a relación de aspirantes seleccionados neste proceso e anuncia a publicación definitiva no DOG o próximo dia 16

O SERGAS vén de publicar con data de hoxe, 8 de xuño de 2023, na súa páxina web www.sergas.es, unha nota informativa na que se indica que está previsto que o próximo venres 16 de Xuño se publique no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, relativo á baremación definitiva e a publicación dos/as aspirantes seleccionados.
A efectos informativos publícase na páxina web www.sergas.es a relación dos/das aspirantes seleccionados/as neste proceso, segundo a orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso de conformidade co número de prazas convocadas. Inclúese en dito anexo a puntuación desagregada nos distintos apartados do baremo e os datos numéricos utilizados nos criterios de desempate.
O día da publicación (16-6-2023) da resolución no Diario Oficial de Galicia, publicarase á puntuación definitiva de todos os aspirantes que participaron no proceso selectivo convocado por Resolución do 26 de decembro de 2022, teñan resultado de seleccionados ou non.
Cando se publique a resolución no Diario Oficial de Galicia abrirase o prazo dun mes para presentar documentación nos termos indicados na resoluciõn.