Publicación en DOG da Orde de convocatoria dos procedementos selectivos de acceso aos diferentes corpos en Galicia para o ano 2024

  • Convocatorias

5 de marzo de 2024

ORDE do 31 de xaneiro de 2024 pola que se convocan procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia

 

.- O prazo de presentación de solicitudes abranguerá dende o xoves día 15 de febreiro ata o día 6 de marzo de 2024, ambos os dous incluídos.

.- A presentación da solicitude deberá ser obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o procedemento normalizado ED001A. Nesta convocatoria o pago da taxa deberá realizarse na sede electrónica con anterioridade á presentación telemática da solicitude (máis información en https://www.edu.xunta.gal/oposicions/).

Accede á información máis relevante deste proceso no noso CSIF INFORMA oposicións 2024.

 

DISTRIBUCIÓN DE PRAZAS POR CORPOS

 

 

 

 

 

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR