Convocatoria para a realización de proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística
- Convocatorias
12 de diciembre de 2023
Convocatoria de participación en proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso académico 2023/2024.

Os centros públicos admitidos no programa Proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística, no marco do Plan Proxecta+, teñen a obriga de participar. Tamén se poderán presentar os demais centros docentes de titularidade pública da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Ao abeiro desta convocatoria, seleccionaranse cinco proxectos, que terán a consideración de excelentes; cada un deles recibirá unha dotación económica de 2 000 euros. Poderán concederse dúas mencións de honra, de ser o caso.
O profesorado implicado activamente no desenvolvemento dos cinco proxectos seleccionados recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora). O persoal docente dos proxectos recoñecidos, de ser o caso, coa mención de honra recibirá unha certificación de Accésit.
O prazo de presentación das solicitudes, que se enviarán exclusivamente a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, rematará o día 12 de marzo de 2024.