Resolución provisional Contratos-Programa CP Inclúe
- Convocatorias
24 de octubre de 2023
Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros seleccionados conforme o disposto no apartado 13 da Resolución do 12 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se regulan os Contratos-Programa Inclúe (CPInclúe) para fomentar a inclusión educativa nos centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades para o curso 2023/24.

Esta publicación abre un prazo de cinco días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias, dirixidas á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto coa documentación complementaria. Para a
presentación das reclamacións ou renuncias poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
(https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365)