Resolución provisional de centros admitidos na fase 3 do programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”

  • Convocatorias

6 de octubre de 2023

Resolución provisional de acceso á fase 3 do programa de formación "Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”, durante os cursos escolares 2022/23 e 2023/24, que se levará a cabo a nivel autonómico, nacional e internacional.

  • A participación na fase 3 cos correspondentes emparellamentos, determinarase en función da dispoñibilidade dos socios a nivel nacional.

 

  • A partir da publicación desta resolución abrirase un prazo de cinco naturais para efectuar reclamacións ou renuncias. Transcorrido este prazo, unha vez estudadas e, de ser o caso, atendidas as mencionadas reclamacións e renuncias, a comisión seleccionadora elevaralle a proposta definitiva á persoa titular da Dirección Xeral, quen resolverá a relación final dos centros que poderán desenvolver a 3ª fase. O procedemento para realizar reclamacións ou renuncias dirixirase á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónico normalizado  (código PRO04A), que se deberá identificar coa denominación “Observa-Acción 2022” xunto coa documentación correspondente. Para a presentación de solicitudes poderá empregarsecalquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365).

COMPARTIR