MANIFESTO: FEITOS DEMOSTRADOS

  • Últimas noticias

5 de noviembre de 2026

Algúns non fan o que din, porque non están. Outros din o que non fan, porque non queren. Nos dicimos o que facemos, e facemos o que dicimos.

CSIF ENSINO | NEGOCIACIÓN E ACORDOS

MANIFESTO: FEITOS DEMOSTRADOS

5 de novembro de 2026

Uns non fan o que din, porque non están. Outros din o que non fan, porque non queren. Nós dicimos o que facemos. E facemos o que dicimos.

A nosa palabra, os teus dereitos

Dixemos que non aceptariamos máis anos perdendo poder adquisitivo. Saímos á rúa en marzo, en abril e en outubro de 2025. Rexistramos a petición na Moncloa. Rexeitamos unha oferta do 10 % e outra do 11 %.

E asinamos: ata un 11,4 % de subida ata 2028, coa de 2025 cobrada con efectos retroactivos e 2,9 puntos de poder adquisitivo recuperados. O mesmo acordo elimina a taxa de reposición.

Cando MUFACE estivo a piques de caer, mobilizámonos, convocamos folga e defendemos os mutualistas no seu Consello Xeral. A asistencia sanitaria do profesorado segue garantida.

Sempre na túa mesa. Sempre independentes

A subida salarial negociouse na Mesa Xeral da Función Pública. MUFACE defendeuse no seu Consello Xeral. CSIF está nesas mesas e por iso pode contar o que conseguiu, non só o que pediu.

Catro anos de negociación real, sen ataduras políticas. Asinamos con gobernos de distinta cor e plantámoslles cara a todos. A ningún lle debemos nada.

E estamos no teu centro: na porta das oposicións, na formación, ao outro lado do teléfono de CSIF Axuda Profes.

A túa voz, sen intermediarios. O que é noso

O acordo para reducir ratios e horas lectivas asinouse para este curso. Non se cumpriu e, co adianto electoral, a lei decaeu. Saímos a esixilo o 15 de setembro e seguímolo esixindo. O asinado cúmprese.

Queremos o Estatuto Docente, coas mesmas regras para todo o profesorado, viva onde viva. Queremos o sexto sexenio. Queremos un corpo de mestres sénior. Queremos vivenda accesible para o profesorado desprazado. E queremos o 7 % do PIB para a educación pública, porque hoxe se inviste un 11,1 % menos por alumno que en 2009.

E queremos a xubilación anticipada voluntaria aos 60 anos co 100 % do haber regulador, polo desgaste que supón a docencia. Debe valer para todo o profesorado, tamén para quen ingresou despois de 2011 e xa non está en Clases Pasivas, e por iso pedimos que volvan incorporarse a ese réxime.

Non son promesas novas. Xa as rexistramos, defendemos e levamos á rúa.

Consolidemos logros.
Esixamos futuro.

 

CSIF Ensino. Contigo, si.

Consulta o manifesto completo

Accede ao documento oficial de CSIF no que se recollen os logros conseguidos, as reivindicacións defendidas e os compromisos que seguimos mantendo co profesorado.

CSIF ENSINO GALICIA

Por ti, contigo no ensino.

ARCHIVOS ADJUNTOS

COMPARTIR