CSIF informa: 1.500 prazas para o curso estatal en liña de competencias para o desenvolvemento da función directiva

  • Formación
  • Otra formación

5 de noviembre de 2026

Formación do profesorado · Convocatoria estatal

1.500 prazas para o curso de competencias para o desenvolvemento da función directiva

Publicación no BOE: 5 de novembro de 2026

O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca 1.500 prazas para o curso titorizado en liña «Competencias para o desenvolvemento da función directiva», dirixido ao persoal funcionario docente que cumpra os requisitos establecidos.

Trátase dunha convocatoria estatal, aberta tamén ao profesorado de Galicia, cunha duración de 150 horas e certificación válida en todo o territorio nacional.

1.500
Prazas convocadas
150 h
Formación en liña
6–20 nov.
Prazo de solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes

Do 6 ao 20 de novembro de 2026, ambos incluídos. A solicitude deberá estar asinada e rexistrada electronicamente antes de que remate o prazo.

Información da convocatoria

1. Persoas destinatarias e requisitos

Poderá participar o persoal funcionario docente de carreira ou interino das ensinanzas reguladas pola LOE que se atope:

  • En situación de servizo activo.
  • En excedencia por coidado de familiares.
  • En excedencia por violencia de xénero ou violencia terrorista.

Ademais, será necesario:

  • Non ter obtido unha habilitación ou acreditación equivalente para a función directiva durante os oito anos anteriores, conforme a normativa aplicable.
  • Estar ao corrente das obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
2. Presentación de solicitudes

A tramitación realizarase exclusivamente por vía electrónica, a través da sede electrónica do Ministerio.

  1. Acceder á sede electrónica e localizar a convocatoria mediante o buscador de trámites.
  2. Identificarse mediante certificado dixital ou DNI/NIE electrónico.
  3. Cubrir unha única solicitude e achegar a documentación e os méritos correspondentes.
  4. Asinar e rexistrar electronicamente a solicitude.
  5. Conservar o xustificante de presentación.

Importante: unha solicitude cuberta pero non asinada e rexistrada non se considera presentada.

Acceder á sede electrónica →

Esta ligazón leva á portada xeral da sede. É necesario buscar o trámite cando estea habilitado.

3. Documentación e acreditación de méritos
  • Anexo II: certificado de situación administrativa e cargos desempeñados, datado, asinado e selado dentro do prazo, cando corresponda.
  • Excedencias: documentación acreditativa da situación administrativa admitida.
  • Condición de funcionario de carreira: documento de nomeamento ou título administrativo, cando se empregue como alternativa ao anexo II.
  • Antigüidade: folla de servizos.
  • Reincorporación: anexo III e documentación do permiso ou licenza, cando proceda.
  • Cargos directivos e coordinación: acreditación mediante o anexo II.

Só se valorarán os méritos alegados e debidamente acreditados dentro do prazo de presentación.

O órgano xestor poderá comprobar de oficio as obrigas tributarias e coa Seguridade Social, salvo oposición á consulta, caso no que deberán achegarse os certificados.

4. Baremo de méritos e adxudicación de prazas
Mérito Puntuación
Persoal funcionario docente de carreira ao rematar o prazo 15 puntos
Persoal funcionario de carreira desde antes do 1/10/2021 8 puntos
Servizos docentes efectivos en centros públicos non concertados 0,5 por ano (máx. 5)
Reincorporación nos últimos 12 meses tras os permisos ou excedencias previstos 3 puntos
Desempeño actual dun cargo directivo ou asimilado 1 punto
Desempeño actual de funcións de coordinación docente ou asimiladas 0,5 puntos

A selección realizarase por concorrencia competitiva e puntuación de méritos, non por orde de presentación.

Publicaranse relacións provisionais e definitivas e, se procede, unha lista de agarda. A convocatoria establece criterios de desempate e medidas de preferencia e reserva de prazas.

5. Contidos do curso: seis módulos
  1. Marco normativo da función directiva: competencias, lexislación educativa, protección de menores e documentación institucional.
  2. Organización e funcionamento dos centros: persoal, espazos, horarios, recursos, administración e economía.
  3. Liderado pedagóxico e desenvolvemento das persoas: liderado educativo, colaboración e mellora das aprendizaxes.
  4. Participación e convivencia: clima escolar, benestar, inclusión e resolución de conflitos.
  5. Metas e intervención estratéxica: avaliación, innovación, planificación e mellora dos centros.
  6. Elaboración dun proxecto de dirección: diagnóstico, obxectivos, actuacións, indicadores e avaliación.

Estes contidos corresponden aos mínimos establecidos no anexo do Real decreto 414/2026.

6. Calendario, certificación e efectos
  • Inicio: 12 de xaneiro de 2027.
  • Remate: 4 de maio de 2027.
  • Duración: 150 horas.
  • Modalidade: formación en liña titorizada a través do INTEF.

Para obter o certificado será necesario superar todas as actividades obrigatorias.

A acreditación terá validez en todo o territorio nacional e deberá valorarse como mérito nos procedementos de selección de direccións. Tamén poderá establecerse como requisito polas administracións educativas conforme a normativa aplicable.

As prazas constitúen axudas en especie, polo que non supoñen un pagamento económico ao alumnado.

Documentación oficial e de CSIF

Documentación de CSIF

Ficha técnica de CSIF (PDF) → Convocatoria íntegra (PDF) →

Fontes oficiais

Extracto do BOE Real decreto 414/2026 Convocatoria BDNS 939398 Sede electrónica
CSIF Ensino Galicia informa

Esta convocatoria representa unha oportunidade de formación para o profesorado interesado en adquirir competencias relacionadas coa dirección e a organización dos centros educativos.

Recomendamos consultar as bases completas, comprobar os requisitos de participación e preparar a documentación con antelación, especialmente os certificados administrativos necesarios para acreditar os méritos.

CSIF Ensino Galicia · Por ti, contigo no ensino

COMPARTIR