Convocatoria do programa educativo "Impulso Mentor"

2 de noviembre de 2026

CSIF ENSINO GALICIA · CURSO 2026/27

Impulso Mentor: convocatoria para favorecer o éxito educativo do alumnado xitano

A Consellería publicou a convocatoria do programa educativo Impulso Mentor para o curso 2026/27, destinado a apoiar a traxectoria académica do alumnado xitano nos centros docentes públicos.

O programa combina mentoría e acompañamento persoal con actividades opcionais de coñecemento da cultura xitana e de reforzo educativo, co obxectivo de favorecer a continuidade nos estudos, previr o absentismo e o abandono temperán e promover a igualdade de oportunidades.

Información destacada

  • Alumnado destinatario: alumnado xitano de 5.º e 6.º de primaria, ESO e ciclos de grao básico de FP.
  • Oferta: un máximo de 40 centros públicos, con 6 prazas asignadas inicialmente á provincia de Lugo.
  • Prazo: 15 días hábiles desde o día seguinte á publicación da resolución no portal educativo, realizada o 2 de novembro de 2026.
  • Solicitude: envío do anexo I ao correo reforzo.educativo@edu.xunta.gal.
  • Coordinación: certificación equivalente a 30 horas de formación permanente do profesorado.
Centros e alumnado destinatario

Poden participar os seguintes centros públicos dependentes da Consellería:

  • Centros de educación infantil e primaria.
  • Centros de educación primaria.
  • Centros públicos integrados.
  • Institutos de educación secundaria.
  • Centros integrados de formación profesional.

A convocatoria diríxese ao alumnado xitano de 5.º e 6.º de educación primaria, educación secundaria obrigatoria e ciclos de grao básico de formación profesional.

Actividades do programa

1. Mentoría · Actividade obrigatoria

Cada centro seleccionará entre 3 e 5 alumnas ou alumnos para participar nun proceso de asesoramento e acompañamento con persoas referentes xitanas ou de organizacións que traballen coa comunidade xitana.

As sesións acordaranse entre a persoa mentora e a coordinación do programa para reforzar a motivación e o compromiso educativo do alumnado.

2. Sesións grupais · Actividade opcional

Charlas de 50 minutos con profesionais con experiencia en cultura xitana, destinadas a coñecer as súas tradicións, valores e patrimonio cultural.

3. Reforzo das competencias clave · Actividade opcional

  • Dúas horas semanais de reforzo educativo fóra do horario lectivo, nos días e horarios que determine o centro.
  • Seguimento da persoa coordinadora, polo menos unha vez por trimestre durante o curso.
  • Participación do mesmo alumnado seleccionado para a mentoría.

Importante: todos os centros deberán desenvolver a mentoría. As sesións grupais e o reforzo fóra do horario lectivo solicitaranse, se procede, no anexo I.

Profesorado: coordinación, certificación e gratificación

O centro deberá designar unha persoa coordinadora, encargada de organizar as actividades, seleccionar o alumnado en colaboración co equipo docente, realizar o seguimento e recoller a avaliación na memoria final.

Ao remate do curso, as persoas coordinadoras recibirán un certificado de participación nunha actividade de innovación educativa equivalente a 30 horas de formación permanente do profesorado.

A Consellería, dentro das súas dispoñibilidades orzamentarias, gratificará o profesorado participante nas sesións de reforzo das competencias clave fóra do horario lectivo.

A convocatoria non concreta a contía desta gratificación.

Prazas e criterios de selección

Seleccionaranse ata 40 centros, coa seguinte distribución inicial:

Provincia Prazas para centros
A Coruña 17
Lugo 6
Ourense 6
Pontevedra 11

As prazas que non se cubran nunha provincia poderán redistribuírse entre as restantes.

Para a selección valorarase:

  • Matrícula total do centro: ata 16 puntos.
  • Porcentaxe de alumnado con necesidades específicas de apoio educativo: ata 12 puntos.
  • Porcentaxe de alumnado xitano: ata 12 puntos.
  • Participación en programas ou proxectos de inclusión nos últimos tres cursos: ata 5 puntos.
  • Localización nun concello rural de menos de 5.000 habitantes: 5 puntos.

Empregaranse os datos rexistrados en XADE. En caso de empate, atenderase á data e á hora de presentación das solicitudes.

Prazo e presentación das solicitudes

Prazo: 15 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación da resolución no portal educativo, realizada o 2 de novembro de 2026.

Antes de presentar a solicitude, a dirección deberá informar o claustro e contar coa aprobación do Consello Escolar, de acordo coas súas competencias.

A solicitude realizarase mediante o anexo I, que se enviará por correo electrónico:

Destinatario: reforzo.educativo@edu.xunta.gal

Asunto: Solicitude “Impulso mentor”

As autorizacións familiares do alumnado menor de idade, segundo o anexo III, deberán ser solicitadas pola coordinación e custodiadas no centro.

Compromisos e calendario

Ademais da coordinación e da organización das actividades solicitadas, os centros deberán:

  • Desenvolver sesións de información e orientación coas familias.
  • Realizar actuacións vinculadas ao Día Internacional do Pobo Xitano, o 8 de abril.
  • Dispoñer na biblioteca de fondos sobre historia e cultura xitana.
  • Participar nas actividades formativas que se determinen para o programa.

As actividades desenvolveranse desde a publicación da resolución definitiva ata o remate do curso 2026/27.

Publicarase unha resolución provisional de centros seleccionados, cun prazo de tres días hábiles para presentar reclamacións ou renuncias desde o día seguinte á súa publicación.

Documentación e ligazóns

Descargar a convocatoria

Descargar o anexo I · Solicitude

CSIF Ensino Galicia

Por ti, contigo no ensino.

COMPARTIR