Resolucións varios programas

  • Convocatorias

7 de octubre de 2026

CSIF ENSINO GALICIA · CURSO 2026/27

Club de Ciencia e Navega con Rumbo: publicadas as resolucións de centros participantes

A Consellería de Educación publicou o 7 de outubro de 2026 novas resolucións de dous programas educativos para o curso 2026/27: a resolución provisional de Club de Ciencia e a resolución definitiva da XV edición de Navega con Rumbo.

Información destacada

  • Club de Ciencia: relación provisional de centros participantes.
  • Navega con Rumbo: relación definitiva de centros seleccionados.
  • Centros solicitantes: consultade a resolución correspondente para comprobar a situación da vosa solicitude.
Club de Ciencia · Resolución provisional

Publicada a resolución provisional de centros participantes no programa de innovación educativa Club de Ciencia para o curso 2026/27.

Os centros que presentaron solicitude poden consultar a relación provisional e a lista de solicitudes de participación.

Ao tratarse dunha resolución provisional, cómpre revisar no documento oficial as indicacións e os prazos que, de ser o caso, correspondan.

Consultar a resolución provisional

Documentación relacionada

Navega con Rumbo · Resolución definitiva

A Resolución do 6 de outubro de 2026 fai pública a relación definitiva de centros seleccionados na XV edición do programa educativo Navega con Rumbo para o curso 2026/27.

O programa está dirixido a centros educativos sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

A selección realízase conforme o apartado 7 da convocatoria do 16 de setembro de 2026. Os centros solicitantes poden comprobar na resolución definitiva se figuran entre os seleccionados.

Consultar a resolución definitiva

Documentación relacionada

CSIF Ensino Galicia · Por ti, contigo no ensino.

COMPARTIR