Convocatoria do programa Edureferentes curso 26/27

  • Convocatorias

14 de septiembre de 2026

Programa educativo · Curso 2026/27

Convocado o programa educativo «EduReferentes»

A Consellería de Educación convoca o programa EduReferentes para centros educativos públicos durante o curso 2026/27. A iniciativa achegará ás aulas mulleres galegas referentes en ámbitos con pouca representación feminina para favorecer unha orientación vocacional libre de estereotipos de xénero.

Información destacada

  • Destinatarios: alumnado de ESO e de ciclos formativos de FP de grao básico.
  • Centros participantes: un máximo de 20 centros públicos.
  • Selección: por orde de entrada das solicitudes.
  • Prazo: ata o 30 de setembro de 2026, incluído.

Obxectivos do programa

EduReferentes busca facilitar a orientación vocacional desde idades temperás mediante o coñecemento de referentes femininos e promover a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Entre os seus obxectivos figuran:

  • Dar a coñecer diferentes ámbitos profesionais sen estereotipos de xénero.
  • Poñer en valor a traxectoria profesional de mulleres da comunidade galega.
  • Potenciar as habilidades, fortalezas e intereses do alumnado.
  • Traballar a educación emocional, as habilidades sociais e a creatividade.
Actividades previstas
  1. Sesións grupais: charlas de 50 minutos con dúas profesionais galegas de sectores diferentes, centradas en visibilizar a presenza das mulleres en ámbitos tradicionalmente masculinizados.
  2. Obradoiros de habilidades e creatividade: sesións de 50 minutos, cun máximo de 25 participantes, baseadas na educación emocional con perspectiva de xénero.
  3. Mentorías individualizadas: cada centro seleccionará cinco alumnas e/ou alumnos, que poderán participar nun máximo de cinco sesións con profesionais referentes.
  4. Clausura: o alumnado mentorizado recibirá un diploma acreditativo da súa participación.
Solicitude e prazo

Os centros deberán cubrir o modelo do anexo e envialo ao correo electrónico orientacion.vocacional@edu.xunta.gal.

Asunto do correo: Solicitude «EduReferentes 2026/27».

Prazo: desde o día seguinte ao da publicación da resolución ata o 30 de setembro de 2026, incluído.

As solicitudes serán atendidas por orde de entrada ata completar un máximo de 20 centros.

Calendario e resolución

As charlas e os obradoiros comezarán ao longo do primeiro trimestre. As mentorías desenvolveranse entre o segundo e o terceiro trimestre.

As datas concretaranse entre os departamentos de orientación dos centros e a asociación Executivas de Galicia. A relación definitiva de centros seleccionados publicarase no Portal Educativo da Consellería.

COMPARTIR