Publicado o Plan anual de capacitación do profesorado de FP para o curso 2026-27

  • Últimas noticias

9 de julio de 2026

Publicado o Plan anual de capacitación do profesorado de Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial para o curso 2026/27.

Información destacada

A Consellería publicou o Plan anual de capacitación do profesorado de Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial para o curso 2026/27.

Este plan recolle a planificación das actuacións formativas dirixidas ao profesorado destas ensinanzas, coa finalidade de favorecer a actualización profesional, a innovación metodolóxica, a transformación dixital, a orientación profesional, a internacionalización e a conexión coa realidade produtiva.

Contidos principais do plan

  • Marco estratéxico da formación do profesorado na Formación Profesional.
  • Marco normativo de referencia.
  • Liñas de traballo para o curso 2026/27.
  • Catálogo de actividades formativas.
  • Cursos, xornadas e congresos.
  • Proxectos de formación en centros.
  • Estadías formativas en empresas ou organismos equiparados.
  • Actuacións vinculadas ao Centro Galego da Innovación da Formación Profesional.
  • Formación específica para ensinanzas de réxime especial.

Finalidade

O plan busca dar resposta ás necesidades de actualización permanente do profesorado de FP e réxime especial, nun contexto marcado pola innovación, a transformación dixital, a transición ecolóxica e a evolución constante dos sectores produtivos.

Desde CSIF Ensino consideramos fundamental que a formación do profesorado se traduza en recursos reais, tempo suficiente, recoñecemento e melloras efectivas para o desenvolvemento profesional docente.

Documentación e ligazóns

 Máis información Plan anual de capacitación do profesorado 2026/27

COMPARTIR